29 may 2014

Discurso de benvida

Clientes, provedores, amigos e amigas:
Boas tardes e benvidos.
Moitas grazas por estar hoxe aquí, acompañándonos na nova andaina deste proxecto. Un negocio no que puxemos ilusión, compromiso e experiencia, e co que todos os traballadores que formamos Mundoventana esperamos facernos un sitio no mercado da carpintaría metálica e o aluminio.

Discurso de benvida pola Xerente Mª Luz Pumares

Contamos para iso cunha base sólida. Por un lado, a profesionalidade e experiencia do noso equipo de traballadores; por outro, a calidade dun produto, cuxa fabricación conta coa garantía da empresa García Pumares. Cremos que ambolos dous factores constitúen os eixes sobre os que se fundamentará o noso negocio, para crecer e chegar a ser unha referencia na venda e colocación de cerramentos de aluminio e PVC, non só na provincia de Lugo senón tamén no resto de Galicia e de comunidades próximas.

 Na apertura de Mundoventana xogaron un importante papel os arquitectos Carlos e Javier Sánchez Montaña, responsables do deseño do local. Queremos darlles as grazas por saber reflectir co seu traballo o espírito desta nova etapa.

 Non me gustaría rematar esta intervención sen agradecer a amigos, provedores e traballadores, tanto de Mundoventana coma de García Pumares, a súa axuda e dedicación para poñer en marcha esta empresa e facer posible que hoxe este negocio abra ao público, non só as súas ventás, senón tamén as súas portas.

Moitas grazas a todos

Mª Luz Pumares
Xerente Mundo Ventana

No hay comentarios:

Publicar un comentario